Partners
O despacho entra no expediente. Non lle abrimos outro produto.
O partner natural de ALL WR é quen xa leva a contabilidade ou a fiscalidade da sociedade: unha asesoría, un despacho, unha firma que non quere converterse nun banco nin nun fabricante de software.
Que podemos facer xuntos
A sociedade invita o despacho ao seu espazo, co permiso xusto. O asesor ve facturas, movementos e documentos sen esperar a que alguén exporte un ficheiro o venres. O cliente non cambia de banco para poder traballar contigo.
Non hai, hoxe, un portal no que te deas de alta, xeres unha ligazón de comisión e consultes un panel de referidos. Se iso existe máis adiante, terá contrato e cifras por escrito. Mentres tanto, o camiño é unha conversa.
Como comezar
Escribe a hola@allwr.io co país no que traballas, o tipo de clientes que levas e que che falta do software que usas agora. Respondemos nós, non un formulario que promete un account manager que non existe.